miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Compostela celebrou o XII Certame Galego de Bandas de Música

Compostela celebrou o XII Certame Galego de Bandas de Música
Compostela celebrou o XII Certame Galego de Bandas de Música

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, entregou os premios ás bandas e compositores gañadores do certame.

O Auditorio de Galicia acolleu durante a fin de semana o XII Certame Galego de Bandas de Música, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares co apoio da Xunta de Galicia. O encontro reuniu en Santiago de Compostela a preto dun millar de músicos pertencentes a dezaseis formaciós procedentes das catro provincias galegas. A edición deste ano incluiu como novidade a creación de dúas novas categorías, unha para Bandas Infantís e outra para Bandas Xuvenís.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, foi o encargado de clausurar o acto coa entrega de premios ás formacións gañadoras tanto do XII Certame de Bandas como do XI Concurso Galego de Composición para Banda de Música, celebrado en paralelo. 

As bandas gañadoras do certame foron a Banda de Música Municipal de Valga na categoría de máis de 70 músicos, a Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla na categoría de 51 a 70 instrumentistas e A Lira de Ribadavia na categoría de agrupacións de ata 50 músicos. Na sección xuvenil gañou a Agrupación Musical da Limia, mentres que na categoría infantil recibiu o premio a Unión Musical de Meaño. En canto ao concurso de composición, foron premiadas A Curuxa de José Javier Ces, Memoria de Gallaecia de David Rivas e Paisaxes galegas de Frank J. Cogollos. Tamén se entregou unha distinción ao mellor director do certame, que recaeu en Manuel Villar, da Banda da Música Municipal de Valga.

O xurado encargado de valorar as bandas participantes estivo formado por profesionais da música de orquestra, como o son o director británico Douglas Bostock, o pianista e compositor valenciano Ferren Ferran e a directora da Banda de Mujeres de la Federación de Sociedades de la Comunidad Valenciana, Mercedes Femenía.

Comentarios
Lo más