miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

III Campus Abanca centrado nas profesiós do futuro

III Campus Abanca centrado nas profesiós do futuro
III Campus Abanca centrado nas profesiós do futuro

Esta nova edición intégrase na I Feira de Innovación USC-Abanca

Abanca e a súa Obra Social, Afundación, organizan a terceira edición do Campus Abanca, unha iniciativa que busca estimular o emprendemento, a innovación social e as competencias persoais de Santiago.

Nesta ocasión, o evento forma parte da I Feira de Innovación USC-Abanca que se desenvolverá no edificio CINC da Cidade da Cultura os días 27 e 28 de novembro.

O obxectivo é mellorar a competitividade e empregabilidade dos universitarios/as e estudantes de Bacharelato, facilitando un conxunto de técnicas e habilidades que faciliten a súa inclusión no mercado laboral.

Con carácter previio, púxose en marcha un concurso dirixido a universitarios/as e estudantes de Bacharelato maoires de 16 anos que teñan unha idea ou proxecto innovador e queiran mellorar as súas habilidades e competencias para desenvolvelo. Para participar teñen que presentar o seu proxecto, relacionado con algunha das profesións do futuro, antes do 21 de novembro a través do formulario dispoñible en http://campos.abanca.com. Os tres mellores proxectos recibirán un premio valorado en 300, 200 e 150 euros respectivamente.

Comentarios
Lo más