miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ames celebra o Día da Ciencia en Galego cunha charla sobre a mente e a linguaxe

Ames celebra o Día da Ciencia en Galego cunha charla sobre a mente e a linguaxe
Ames celebra o Día da Ciencia en Galego cunha charla sobre a mente e a linguaxe

A charla será impartida polo experto en neurociencia Xurxo Mariño

O xoves 8 de novembro ás 20:00 horas, o Pazo da Peregrina de Bertamiráns acollerá a charla As miñas linguas máis eu que ofrecerá o divulgador científico e experto en neurociencia Xurxo Mariño. Esta iniciativa inscríbese dentro do programa Apego e xirará en torno á mente e a linguaxe, así como aos cambios que a mente humana experimenta coa aprendizaxe dunha lingua.

Esta charla, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística de Ames, está dirixida especialmente a familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos ou futuros proxenitores. Para acudir é necesario inscribirse antes do 7 de novembro enviando un email  co nome e apelidos dos e das participantes e un teléfono de contacto, ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.org.

Comentarios
Lo más