Por cada hora de estudo, un euro para un proxecto en Senegal
Hoxe comeza a XVI Olimpiada Solidaria de Estudo
Dende hoxe ata o 5 de decembro, calquera estudante que se achegue ás bibliotecas da USC poderá trocar unha hora de estudo por un euro para un proxecto solidario en Senegal. A XVI Olimpiada Solidaria de Estudo, creada pola ONGD Coopera, está coordinada na USC polo Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU).
En cada sala de estudo habilitarase un terminal informático no que o alumnado ten que introducir a súa Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) á entrada e saída do local. Poderase acumular un mínimo dunha hora e un máximo de catro, perido logo do cal deberían volver introducir a tarxeta se queren seguri contabilizando tempo.
Coas horas de estudo, este ano apoiarase a implantación do Ciclo de Primaria na Escola Infantil Arco Iris de Senegal.