O "Simposio do ILG 2018" analizará as variedades lingüísticas na península ibérica
06:30 05/11/18
06:30 05/11/18
O seminario terá lugar entre o 12 e o 14 de novembro
O eixo ao redor do que se centrarán as exposicións orais do Simposio ILG (Instituto da Lingua Galega da USC) 2018 será as variedades lingüísticas en contacto na península ibérica. A cita terá lugar entre o 12 e o 14 de novembro no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía.
O debate que xurda pretende profundar nas posibles análises lingüísticas de situacións de contacto en comunidades que son próximas cultural e xeográficamente no ámbito peninsular. O encontro parte da idea de que a situción de linguas en contacto é inevitable e unha constante na historia e evolución das variedades lingüísticas.