Abre o prazo para votar polo/a mellor deportista de Ames do 2018
06:30 05/11/18
06:30 05/11/18
O maís votado será galardonado/a co premio do público na XIII Gala do Deporte
Por terceiro ano consecutivo, ponse en marcha a iniciativa para elexir un dos premios que se entregará na XIII Gala do Deporte, que está previsto que se celebre no viendeiro mes de febreiro de 2019.
O Concello de Ames publicou na web municipal un banner cunha enquisa para que a veciñanza amesá poida elexir á/ao mellor deportista de Ames do 2018. As votacións poderanse realizar ata o 18 de xaneiro do 2019. Este ano poderase elexir entre cinco deportistas que optan a este premio: a patinadora Nadia Iglesias de Salvador, o xogador de squash Borja Golán Santín, a futbolista Nuria Rábano Blanco, a xogadora de baloncesto Blanca Millán e o padexeiro Gabriel Martínez.