Mes da astronomía na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Este mes acolle un ciclo de actividades adicadas á astronomía
Un ano máis, a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, en colaboración co Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC e no marco do programa TODOCOSMOS, acolle para o mes de novembro un ciclo de actividades adicadas á astronomía.
O venres 16 de novembro haberá un obradoiro infantil de astronomía dirixido a idades comprendidas entre os 4 e o 6 anos. Tamén terá lugar a observación do ceo ncturno con telescopio a partir das 19:30 hohras no Salón de Actos. O venres 23 de novembro haberá outro obradoiro infantil de astronomía, esta vez dirixido a idades comprendidas entre os 7 e os 10 anos. E o venres 30 de novembro tocaralle os rapaces e rapazas de 11 a 14 anos co obradoiro infantil de astronomía.