Xeografía da USC colabora con Médicos Sen Fronteiras na organización dun "mapathon"
07:30 05/11/18
07:30 05/11/18
Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto "Missing Maps"
Médicos Sen Fronteiras está a organizar unha actividade voluntaria colaborativa no marco do proxecto Missing Maps orientada a ter cartografía que despois a ONG poderá utilizar nas diversas zonas do planeta nas que interveñen.
En Santiago o "mapathon" terá lugar o 7 de novembro na Falcultade de Xeografía e Historia en colaboración co departamento de Xeografía da USC. A actividade celebrarase na Aula 17 da facultade en dúas quendas de mañá e de tarde, de tres horas cada unha. Para participar non é necesario ter coñecementos previos e as persoas que o desexen poden facelo en msf.es/mapaton.