Unha muller foi rescatada da auga con síntomas de afogamento en Vilagarcía
15:17 04/11/18
15:17 04/11/18
A víctima atopábase inconsciente e flotando na auga
Uns minutos antes das 13:00 horas do día de hoxe, uns veciños chamaron ao 112 Galicia para solicitar asistencia médica para unha muller que estaban sacando da auga en Vilagarcía.
A muller foi localizada inconsciente, flotando na agua e con síntomas de afogamento na Praia de Portugalete no Concello de Vilagarcía de Arousa. De momento, descoñécense as circunstancias nas que produciu o suceso.