A remodelación do miradoiro de Pedra da Ra, terceiro premio para Europa da revista arquitectónica 2A Magazine
06:30 04/11/18
06:30 04/11/18
O miradoiro de Carlos Seoane quedou terceiro despois de dúas actuacións españolas
A remodelación do miradoiro de Pedra da Ra acada a distinción: terceiro premio na categoría "Urban Projects, Rural Projects, Landscapes & Public Spaces - Europe (Proxectos Urbanos, Proxectos Rurales, Paisaxes e Espazos Públicos - Europa)" que outorga a revista especializada 2A Magazine: publicación dedicada ás arquitecturas do mundo.
O pasado venres 26 de outubro tivo lugar en Barcelona a gala de entrega dos premios 2ACAA 2018 (2A Continental Architectural Award for Asia and Europe), dos que o terceiro premio foi para po proxecto deseñado por Carlos Seoane para o miradoiro ribeirense, por detrás de dúas actuacións españolas.