Campaña de esterilización de gatos de rúa en Ribeira
07:00 04/11/18
07:00 04/11/18
A campaá realizarase en colaboración coa Asociación Callejeros Barbanza
Por segundo ano consecutivo, o Concello de Ribeira acaba de aprobar unha nova campaña dirixida a controlar a poboación de gatos rueiros da cidad, coa fin de poñer coto á súa proliferación descontroloada e os conseguirntes problemas de salubridade para as persoas.
A campaña consistirá na realización de estirilizacións en gatas de colonias felinas do casco urbano de acordo co procedemento chamado CES (capturar-esterilizar-soltar). Demostrouse que este método é eficaz xa qeu os animais son marcados no pavillón auricular para telos indentificados.