A xornada de recursos educativos en galego centra esta edición na educación musical
O encontro terá lugar o 21 de novembro na Facultade de Ciencias da Educación
Coñecer os recursos en galego dos que dispón o corpo docente de educación musical é o núcleo dun encontro que organiza a Comisión de Normalización Lingüísitica da Facultade de Ciencias da Educación. Este encontro terá lugar o 21 de novembro e a matrícula de balde estará aberta ata o 18 de novembro.
A xornada xira en torno á exposición e debate de recursos e experiencias educativas relacionadas coa música. Búscase que o alumnado da Facultade de Ciencias da Educación poida tomar conciencia da importancia que teñen os recurso educativos na práctica docente, así como coñecer de primeira man cales son os materiais didácticos galegos dos que poderá dispoñero no seu futuro profesional.