miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ábrese o prazo de inscrición para participar no programa de conciliación familiar "Nadal lúdico" do Concello de Ames

Ábrese o prazo de inscrición para participar no programa de conciliación familiar "Nadal lúdico" do Concello de Ames
Foto de arquivo
Ábrese o prazo de inscrición para participar no programa de conciliación familiar "Nadal lúdico" do Concello de Ames

O servizo desenvolverase tanto no Milladoiro como en Bertamiráns

O Nadal lúdico é unha iniciativa que lle facilita aso pais e nais conciliar a súa vida laobral coas vacións dos seus fillos. O programa vai dirixido a nenos e nenas empadroados no Concello de Ames, escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil ou en calquera dos cursos de Primaria.

Este servizo municipal desenvolverase os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e 2, 3, 4 e 7 de xaneiro, en horario de 07:30 horas a 16:00 horas, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns.

O prazo permanecerá aberto ata o vindeiro venres 16 de novembro. As persoas interesadas poderán recoller os impresos de inscrición no departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina, ou na Oficina Municipal do Milladoiro.

Comentarios
Lo más