miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O prazo de presentación de candidaturas do II Premio "Luis Porteiro Garea á promoción uso do galego na USC" remata o 15 de novembro

O prazo de presentación de candidaturas do II Premio "Luis Porteiro Garea á promoción uso do galego na USC" remata o 15 de novembro
Foto de arquivo
O prazo de presentación de candidaturas do II Premio "Luis Porteiro Garea á promoción uso do galego na USC" remata o 15 de novembro

Este premio quere recoñecer o esforzo a prol da normalización do uso do galego na universidade

Este premio afronta a súa segunda edición co fin de recoñecer públicamente o esforzo de persoas ou colectivos a prol da normalización do uso do galego na universidade. O premio lembra a figura do profesor de Dereito Civil e membro das Irmandades da Fala, Luis Porteiro Garea quen o 16 de setembro de 1915 pronunciou a primeira lección en galego da que se ten constancia.

O premio distinguirá persoas, entidades ou colectivos, tanto actuais como pasados da USC e as candidaturas, que teñen de prazo ata o 15 de novembro, poderán ser propostas por calquera persoa, entidade ou colectivo segundo o modelo que se pode descargar na web do Servizo de Normalización Lingüística.

Comentarios
Lo más