miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Anulado por unha sentenza o proxecto de urbanización do SUNP-38 de Formarís

Anulado por unha sentenza o proxecto de urbanización do SUNP-38 de Formarís
Foto de arquivo
Anulado por unha sentenza o proxecto de urbanización do SUNP-38 de Formarís

A Xunta de Goberno acordou declarar anulado o proxecto en virtude a unha sentenza ditada polo Xulgado Contencioso-Administrativo nº1 de Santiago


No ano 2010 foi encargado o proxecto co enfoque de que os custos (sobre 4 millóns de euros) lle serían cargados aos propietarios do solos próximos, tanto ás grandes empresas como a pequenos propietarios, xa que o Concello entendeu que os polígonos próximos se beneficiarían da nova conexión.

Unha vez ditada a sentenza que anula o proxecto de urbanización do SUNP-38, o Goberno "segue traballando en diálogo co Ministerio de Fomento para buscar unha solución que garanta a construción da rotonda". Segundo apuntou o alcalde, a opción na que se traballa dende hai un ano é que "o Concello asuma os custos de expropiación dos terreos para a construción da rotonda, mentres que o Ministerio se encargaría da execución da obra".


Comentarios
Lo más