A plataforma Mina Touro-O Pino Non recollerá un premio polo seu activismo social
06:30 03/11/18
06:30 03/11/18
Tamén apoiará un evento deportivo no que se reivindicará o valor do Camiño de Santiago fronte á mina
Hoxe sábado unHA representación da asociación acudirá á Gala de Entrega dos XI Premios Trueiro en Catoira entregados polo xornal de pesca deportiva do mesmo nome. Este ano a Plataforma Mina Touro-O Pino recollerá o galardón concedido pola labor de concienciación cidadá e polo activismo social contra a apartura da mina.
O domingo ás 9 da mañá, a plataforma acompañará e animará desde a súa saída en Arzúa aos corredores que farán o Camiño de Santiago reivindicando a súa oposición á mina e denunciando o impacto negativo que tería a explotación na ruta xacobea.