O CSIC abre hoxe en Santiago a "Semana de la Ciencia" e o "Mes da Ciencia en Galego"
As actividades terán lugar, ademáis de en Santiago, en Vigo, en Pontevedra e en Ourense.
O Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) deseñou un programa para conmemorar en Galicia a "Semana de la Ciencia" e outro para celebrar o "Mes da Ciencia en Galego". As actividades divulgativas sobre algunhas das liñas de investigación do CSIC en Galicia terán lugar os dous sábados da primeira quincena de novembro, en horario de 17:00 horas a 19:00 horas, na Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura. Están dirixidas tanto para o público en xeral como para o escolar, as prazas son limitadas e gratuítas e hai que facer reserva na web www.cidadedacultura.gal.
Por outra parte, o Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia participa na "Semana de la Ciencia" con Biodiversión 18 e terá lugar no mesmo centro de investigación os días 21, 23 e 26 de novembro en horario de mañá e dirixido a alumnado de 6º de primaria. Participarán os CEIP Monte dos Postes e A Milagrosa.