A Rede de Centros Singulares de Investigación da USC abre as súas portas á cidadanía
07:00 03/11/18
07:00 03/11/18
Será durante a segunda edición das xornadas "Ciencia singular" o 10 de novembro
O vindeiro sábado 10 de novembro o CiQUS (Química Biolóxica e Materiaris Moleculares), CiMUS (Medicina Molecula e Enfermidades Crónicas) e o CiTIUS (Tecnoloxías da Información) abrirán as súas portas a todas as persoas interesadas en coñecer a investigación de excelencia que realiza esta Rede.
A participación nesta xornada é completamente gratuíta previa inscrición a través do formulario web disposto pola organización. As persoas que acudan participarán diferentes actividades como charlas de divulgación, obradoiros científicos ou experimentos infantís. Tamén en encontros con especialistas ou demostracións de tecnoloxías desenvolvidas nos centros.