A unidade de endouroloxía e litíase da área sanitaria de Santiago premiada en dous congresos mundiais
Os congresos celebráronse en París e en Seúl
A unidade de endouroloxía e litíase do servizo de uroloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago recibiu dous premios nos congresos mundiais celebrados recentemente en París e Seúl.
No congreso mundial de endouroloxía de París recibiu o premio ao mellor artigo de investigación básica polo traballo Análise dun micro stent biodegradable, impregnado en heparina e antirrefluxo.
Por outra parte, no congreso mundial de uroloxía de Seúl, recibiu o premio á mellor ciruxía ralizada en direto na Sociedad Internacional de Urología. Esta ciruxía foir realizada polo doutor Daniel Pérez Fentes en Amsterdam e retransmitida a todo o mundo. Son ciruxías que se realizan a diario no Hospital de Conxo.
A unidade de endouroloxía e litíase da área sanitaria compostelá comezou a funcionar no 2008 e depende do servizo de uroloxía que dirixe Camilo García Freire. Esta unidade tamén ten unha ampla actividade docente xa que urólogos nacionais e internacionais solicitaron poder realizar estancias formativas na mesma.