miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Losada presenta o programa de actos da Delegación do Goberno para o 25 de novembro

Losada presenta o programa de actos da Delegación do Goberno para o 25 de novembro
Losada presenta o programa de actos da Delegación do Goberno para o 25 de novembro

A Delegación do Goberno en Galicia organiza por primeira vez unha axenda de actos para conmemorar o 25 de novembro e visibilizar o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coa igualdade.

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, presentou o programa de actos organizados pola Delegación do Goberno para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Na rolda de prensa de presentación estivo acompañado pola coordinadora da área de Benestar Social da Delegación, María Debén, e pola xefa da Unidade de Coordinación contra a Violencia sobre a Muller, Enmanuela Díaz.

É a primeira vez que este organismo leva a cabo unha iniciativa deste tipo, que se desenvolverá desde o martes día 6 ata o mércores 28 de novembro. Segundo a axenda prevista, os actos comezarán cunha mesa de coordinación interinstitucional para a eliminación da violencia contra as mulleres, seguida dunha mesa redonda sobre os instrumentos destinados a esta loita e dunha reunión con asociacións representativas do movemento feminista. No marco desta programación, as subdelegacións de Ourense e Pontevedra acollerán tamén unha xornada e un concurso respectivamente. 

Como novidade máis destacada, o venres día 23 entregaranse por primeira vez os premios Meninas, que recoñecen o traballo de organizacións e persoas comprometidas coa erradicación da violencia de xénero en todas as súas formas. As xornadas rematarán coa celebración da I Xornada de Formación a Forzas e Corpos de Seguridade do Estado: a necesaria protección das vítimas. Ademais, este ano iluminaranse de violeta as sedes da Delegación e das Subdelegacións para visibilizar o compromiso do Executivo español coa eliminación da violencia contra as mulleres.


Losada destacou ese compromiso adquirido e exemplificouno coas medidas adoptadas polo gabinete de Pedro Sánchez, que deixarán un investimento de 8,5 millóns de euros en Galicia para loitar contra esta lacra social. Apuntou ademais algunhas das decisións impulsadas polo Goberno para avanzar na igualdade, como a devolución aos concellos das competencias en materia de igualdade, a axilización dos procesos de atención ás vítimas, o impulso en Galicia das mesas de coordinación cos concellos ou a ampliación do horario de atención da Oficina de Denuncias da Policía Nacional na Coruña, entre outras.

Comentarios
Lo más