miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Mes de Astronomía na Biblioteca Ánxel Casal

Mes de Astronomía na Biblioteca Ánxel Casal
Mes de Astronomía na Biblioteca Ánxel Casal

A presentación da programación terá lugar o hoxe 2 de novembro ás 13:00 horas no Salón de actos da Biblioteca

Un ano máis, a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal en colaboración co Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago e no marco do programa TODOCOSMOS, financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), acolle para o mes de novembro un ciclo de actividades adicadas á Astronomía.

A presentación da programación terá lugar o hoxe 2 de novembro ás 13:00 horas no Salón de actos da Biblioteca. José Ángel Docobo, director do Observatorio Astronómico da USC e Jesús Torres Junquera, director da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, comparecerán para dar a coñecer o programa de actividades, que se desenvolverá do seguinte xeito:

– Venres 16 de novembro: Obradoiro infantil de Astronomía dirixido a nenos e nenas de 4 a 6 anos. A actividade desenvolverase no Salón de actos de 18:30 a 19:30 horas. Requírese inscrición previa na páxina web da biblioteca. O número máximo de participantes é de 20.

– Venres 16 de novembro: Observación do ceo nocturno con telescopio (se as condicións meteorolóxicas non acompañan, trasladarase a outro día previo aviso ás persoas inscritas). A actividade iniciarase ás 19:30 horas no Salón de Actos cunha breve explicación sobre o que os participantes van poder avistar. A continuación, ás 20:00 horas iniciarase no exterior da biblioteca a observación dos astros a través do telescopio, cunha duración aproximada dunha hora. Requírese inscrición previa na páxina web da biblioteca. O número máximo de participantes é de 50.

– Venres 23 de novembro: Obradoiro infantil de Astronomía dirixido a nenos e nenas de 7 a 10 anos. A Óptica Val regalará un planisferio celeste a cada asistente. A actividade desenvolverase no Salón de actos de 18:30 a 19:30 horas. Requírese inscrición previa na páxina web da biblioteca. O número máximo de participantes é de 20.

– Venres 30 de novembro: Obradoiro infantil de Astronomía dirixido a nenos e nenas de 11 a 14 anos. A actividade desenvolverase no Salón de actos de 18.30 a 19.30h. Requírese inscrición previa na páxina web da biblioteca. O número máximo de participantes é de 30.

Coa finalidade de completar este mes astronómico, a Biblioteca ofrece na Sala Infantil desde o 5 ata o 30 de novembro a mostra bibliográfica "Mes da Astronomía" na que amosa os fondos que posúe sobre esta materia para os máis pequenos.

Comentarios
Lo más