Alumnos do Colexio Galaxia visitaron a exposición do concurso Luis Ksado
06:30 02/11/18
06:30 02/11/18
A exposición estará aberta ata o vindeiro 6 de novembro
Un total de cincuenta alumnos de terceiro de ESO do colexio Galaxia visitaron, distribuídos en dous grupos, a exposición que está a exhibir o Centro Cultural Lustres Rivas sobre o 13º Premio de Creación Fotográfica Luis Ksado que promove a Deputación da Coruña.
Os mozos e mozas do centro educativo puideron coñecer de boca de Alicia Padín, responsable do Servizo de Normalización Lingüística do Concello, as principais características das seis coleccións que integran a mostra. Entre elas, “Mascaritas, o entroido solidario”, de Xoán Crespo, que resultou a gañadora do certame.
A exposición estará aberta ata o vindeiro 6 de novembro.