miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Último día para apuntarse ás XIV Xornadas Micolóxicas de Touro

Último día para apuntarse ás XIV Xornadas Micolóxicas de Touro
Último día para apuntarse ás XIV Xornadas Micolóxicas de Touro

Os micólogos Jaime Blanco e Martín Souto dirixirán roteiros micolóxicos o sábado e o domingo

Hoxe venres, día 2 de novembro, remata o prazo para anotarse ás xa tradicionais Xornadas Micolóxicas, que van pola XIV edición, e que están adicadas ao estudo e a procura nos bosques do Concello de Touro destes manxares de outono. 

Dous recoñecidos micólogos dirixirán roteiros aos que todos os interesados que queiran poden apuntarse. O prazo para anotarse remata hoxe venres, 2 de novembro. 

O primeiro roteiro estará a cargo do micólogo Jaime Blanco. Será o sábado día 3 de novembro. Comenzará cunha charla-coloquio prevista para as 10:00 horas. E continuará ás 11:00 horas co roteiro micolóxico polo monte. Ao finalizar farase unha exposición e catalogación. 

Pola súa banda, o micólogo da Universidade de Santiago de Compostela, Martín Souto, será o encargado de dirixir o roteiro micolóxico previsto para o domingo 4 de novembro. 

Comenzará ás 11:00 horas e tamén terá exposición e catalogación. Os dous roteiros comenzarán no Centro de Interpretación Río Ulla, na zona de servizos de Fonte Díaz.

Comentarios
Lo más