miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Evacuado un home tras inhalar fume nun incendio na súa vivenda

Evacuado un home tras inhalar fume nun incendio na súa vivenda
Evacuado un home tras inhalar fume nun incendio na súa vivenda

Ocorreu á unha desta madrugada nunha vivenda situada na Fonte da Pedra, no concello pontevedrés de Salceda de Caselas

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta madrugada a un home intoxicado pola inhalación do fume dun incendio orixinado no cuarto da caldeira.

Ocorreu á unha desta madrugada nunha vivenda situada na Fonte da Pedra, no concello pontevedrés de Salceda de Caselas. 

Ata alí acudiron os Bombeiros do Baixo Miño para sufocar o lume que calcinou unha pila de enseres acumulados a carón dunha caldeira.

Foi o propio afectado quen se puxo en contacto co 112 Galicia para pedir axuda en canto se decatou do incendio nun cuberto anexo á vivenda. 

Ademais dos bombeiros, ao lugar desprazouse tamén unha dotación do 061-Urxencias Sanitarias para atender ao dono da casa debido a que empezou a mostrar síntomas de intoxicación por inhalación de fume. Desta maneira, foi evacuado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo co fin de recibir tratamento.

Comentarios
Lo más