Ferido de gravidade un operario ao caer por un oco dun ascensor
11:26 01/11/18
11:26 01/11/18
Como consecuencia da caída, o home recibiu un forte golpe na cabeza e foi evacuado ao Álvaro Cunqueiro en estado grave
Un operario resultou ferido grave ao caer polo oco do ascensor que revisaba en Ponteareas.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse ás 18:30 horas de onte no lugar de Alemparte cando o traballador realizaba o mantemento do elevador e caeu ao oco, a unha altura equivalente a dous pisos.
Como consecuencia da caída, o home recibiu un forte golpe na cabeza e foi evacuado ao Álvaro Cunqueiro en estado grave.
Ademais dos profesionais sanitarios, acudiron ao lugar os axentes da Policía Local e da Garda Civil co fin de coñecer as circunstancias nas que se produciu o suceso.