miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Último día para inscribirse na IV Carreira Popular Pilar Barreiro Senra de Lousame

Último día para inscribirse na IV Carreira Popular Pilar Barreiro Senra de Lousame
Último día para inscribirse na IV Carreira Popular Pilar Barreiro Senra de Lousame

As inscricións poden facerse ata as 23:59 horas de hoxe xoves 1 de novembro

O Concello de Lousame pechará hoxe xoves 1 de novembro, ás 23:59 horas, as inscricións na IV Carreira Popular Pilar Barreiro Senra, que terá lugar este domingo 4 de outubro. 

Unha proba na que se conta con superar os 408 participantes rexistrados na edición de 2017, pois a esta hora (17:00 horas) xa están inscritas 375 persoas.

As inscricións poden facerse na web www.emesports.es, sendo gratuíta para categorías escolares e de 6 € para a categoría absoluta, que poderán elixir entre a proba de 5 ou 10 quilómetros. As probas terán lugar en Portobravo entre as 9:00 e as 14:00 horas do domingo 4 de novembro. O

Concello de Lousame porá a disposición dos corredores/as un servizo de gardería gratuíto para que os nenos e nenas estean coidados na Casa da Cultura mentres os seus pais e nais desfrutan correndo na proba.

Así mesmo, todos os participantes serán agasallados cunha camiseta técnica conmemorativa da proba e os menores de 11 anos recibirán cadansúa medalla.

Tamén haberá trofeos para os tres primeiros homes e mulleres da carreira absoluta, outros tres para os gañadores de cada unha das nove categorías restantes (tanto homes como mulleres) e trofeos especiais aos participantes máis veteranos e aos tres mellores atletas de Lousame na categoría absoluta. Os premios non serán acumulativos.

Comentarios
Lo más