CxG denuncia a situación da Banda Municipal de Música de Santiago
Na actualidade a Banda Municipal de Música conta con 34 músicos, dos cales 3 dos postos están en precario discontinuo
Xoán Bascuas, candidato de Compromiso nas vindeiras eleccións municipais, denuncia a situación laboral da Banda Municipal de Música que, dende a dimisión do seu director, no ano 2016, non parou de empeorar. Na actualidade a Banda non ten director titular e as súas funcións as está a cubrir o subdirector e non hai data prevista para cubrir o posto.
Na actualidade a Banda Municipal de Música conta con 34 músicos, dos cales 3 dos postos están en precario discontinuo, cunha concatenacion de contratos sen que se saquen as prazas a concurso; e 4 vacantes que non teñen data para ser cubertas.
Dende Compromiso lembran que a Banda foi declarada como servizo prioritario e pide unha solución á inestabilidade provocada, que se está a prolongar no tempo. Os galeguistas reclámanlle ao goberno municipal que remate con esta anomalía, xa que non existe impedimento para atopar unha solución razonable nun tempo prudencial.