Condenada unha muller que viaxou desde Lima a Santiago con dous quilos de cocaína
O alto tribunal galego desestima as alegacións da defensa da acusada e indica no fallo que o que pretende é “substituír o imparcial criterio xudicial polo seu”
A Sección do Civil e Penal do TSXG confirmou a condena de seis anos e medio de cárcere que a Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, lle impuxo a unha muller procedente de Lima que foi interceptada o pasado 26 de febreiro en Lavacolla cando transportaba dous quilos de cocaína na súa maleta.
O alto tribunal galego desestima as alegacións da defensa da acusada e indica no fallo que o que pretende é “substituír o imparcial criterio xudicial polo seu”.
Así, destaca que quedou acreditado que a condenada era “consciente” de que transportaba a droga, cuxo prezo no mercado ilícito alcanzaría os 120.000 euros. A sospeitosa tamén foi sentenciada a abonar unha multa de 170.000 euros.