miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Convocada folga de médicos de urxencias do Hospital Clínico

Convocada folga de médicos de urxencias do Hospital Clínico
Foto de arquivo
Convocada folga de médicos de urxencias do Hospital Clínico

Comezará o día 12 de novembro desde as 08:00 horas dos luns ata as 08:00 horas dos xoves.

Os médicos de urxencias do Hospital Clínico de Santiago iniciarán o día 12 de novembro unha folga de carácter indefinido  que se estenderá desde as 08:00 horas dos luns ata as 08:00 horas dos xoves. O paro foi convocado polo sindicato médico O'Mega, ainda que se espera que nos próximos días os sindicatos non exclusivamente médicos presenten a súa convocatoria, que é previsible que coincida en datas e horarios.

As reivindicacións do colectivo de médicos de urxencias céntranse en reclamar un incremento de sete médicos para urxencias e unha mellor organización do servizo. Tamén solicitan que se axilice a subida de pacientes a planta para evitar retrasos e que lles sexan aboadas as horas que empregan en formación fóra da xornada asistencial.

Comentarios
Lo más