Corte de tráfico na rúa de San Pedro de Mezonzo
09:28 31/10/18
09:28 31/10/18
Terá lugar o xoves día 1 de novembro entre as 07:00 e as 17:00 horas.
A rúa San Pedro de Mezonzo permanecerá pechada ao tráfico este xoves, 1 de novembro, entre as 07:00 e as 17:00 horas. O corte, motivado pola colocación dun guindastre para unha obra particular, afecta ao tramo comprendido entre a rúa do Hórreo e a rúa da Rosa.
Permitirase o acceso aos garaxes e falicitarase a saída dos vehículos dos residentes en sentido contrario cara a rúa do Hórreo.