Continúan os chuvascos na cidade
08:07 31/10/18
08:07 31/10/18
En Compostela a temperatura mínima acadará os 7ºC e a máxima chegará aos 12ºC
Galicia continuará neste día nunha área atmosférica de inestabilidade, coas baixas presións preto da península Ibérica.
Deste xeito os ceos estarán parcialmente anubrados e agardamos chuvias de tipo intermitente, probables en calquera punto da Comunidade.
As temperaturas mínimas non terán cambios, pero as máximas ascenderán, para acadar valores algo máis suaves que nos días anteriores. En Compostela a temperatura mínima acadará os 7ºC e a máxima chegará aos 12ºC.
Os ventos soprarán frouxos de oeste, con intervalos de moderado no litoral atlántico.