miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Educación reúnese coas tres universidades para traballar na refidinación de dez titulacións no novo marco

Educación reúnese coas tres universidades para traballar na refidinación de dez titulacións no novo marco
Educación reúnese coas tres universidades para traballar na refidinación de dez titulacións no novo marco

Trátase de 7 graos multiplicados con alta demanda e de tres parellas de enxeñarías habilitantes que non acadan este curso os 50 alumnos cada unha delas

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e as tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) comezarán a traballar este curso na redefinición de 10 titulacións para adaptalas á demanda do alumnado e ás necesidades sociais. Así se acordou na reunión de seguimento do Mapa de Titulacións, celebrada esta mañá, na que participou a titular do departamento educativo da Xunta, Carmen Pomar.

O obxectivo é seguir avanzando nesta folla de ruta de consenso, asinada cos tres reitores o pasado ano, que ten como finalidade establecer os principios reitores da planificación da oferta académica no sistema universitario de Galicia a medio prazo. Unha vez redefinidos, os novos títulos entrarían en funcionamento no curso 2020/21.

Titulacións multiplicadas

As titulacións que se abordarán ao longo deste curso divídense en dous grupos. Por unha banda, 7 titulacións que, aínda que contan con demanda, están a ofertarse en máis dunha universidade do sistema. Neste caso proporanse accións para diversificar a oferta mediante orientacións, ao tempo que se unifican contidos e competencias nos dous primeiros cursos favorecendo o recoñecemento mutuo co fin de facilitar a mobilidade dentro do SUG. Os graos que se someterán a este proceso serán os de Administración e Dirección de Empresas, Bioloxía, Comunicación Audiovisual, Dereito, Enfermaría, Enxeñaría Informática e Química.

En primeiro lugar, emitiuse un informe de expertos académicos de fóra de Galicia que contén unha análise polo miúdo de materias, contidos e competencias dos plans de estudo existentes. Este informe propón unha homoxeneización de, polo menos, os dous primeiros cursos e suxestións de orientacións ou mencións para os dous últimos. 

A posteriori, constituirase unha comisión interuniversitaria integrada por representantes de cada universidade vinculados ao título que, a maior brevidade posible, analizarán e valorarán os títulos para a mellora e especialización dos mesmos. O paso final será presentalos á Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) e á Secretaría Xeral de Universidades para a súa verificación e autorización.

Enxeñarías de baixa demanda

Por outra banda, traballarase na redefinición de tres parellas de enxeñarías habilitantes que se imparten en dúas universidades diferentes e comparten unha falta xeneralizada e persistente de alumnado. En concreto os graos serán o de Enxeñaría Agraria (UVigo) e Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria (USC), Enxeñaría Forestal (UVigo) e Enxeñaría Forestal e Xestión do Medio Natural (USC), Enxeñaría Civil (USC) e Enxeñaría de Obras Públicas (UDC). Ningunha destas parellas de enxeñarías acada no presente ano académico os 50 alumnos matriculados.

Nestas titulacións, a solución proposta pasa pola elaboración de informes pola ACSUG nos que se analizan as características das titulacións duplicadas, tras o que se constituirá unha Comisión Interuniversitaria integrada por representantes de cada universidade vinculados ao título para a valoración dos devanditos informes. 

Nesa Comisión pactarase un plan de traballo para a elaboración de directrices conxuntas entre as tres universidades nas que se establezan os principios e procedementos de colaboración dos graos repetidos, buscando diferentes alternativas, desde a homoxeneización nos primeiros cursos e especialización nos seguintes ata a constitución de graos interuniversitarios. En todo caso, sempre será necesario o acordo explícito das universidades implicadas.

Comentarios
Lo más