Falece un home en Cualedro por unha saída de vía
O accidente ocorreu sobre as 15:00 horas desta tarde, na OU-1020, punto quilométrico 8, no lugar de A Salceda, en Lucenza
Un home faleceu esta tarde despois de saírse da vía co seu turismo ao paso do termo municipal ourensá de Cualedro (Ourense).
Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Verín, que tiveron que facer uso do material de excarceración para liberar á vítima do interior do turismo.
O accidente ocorreu sobre as 15:00 horas desta tarde, na OU-1020, punto quilométrico 8, no lugar de A Salceda, en Lucenza. Foi a esa hora, cando os axentes de Tráfico solicitaban ao 112 Galicia asistencia sanitaria e medios de excarceración para este sinistro.
Decontado, os profesionais do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, deron conta da situación aos servizos sanitarios de urxencia e aos Bombeiros de Verín. Tamén, informaron ao GES de Laza e aos efectivos de Protección Civil da localidade.
Unha vez no lugar, os Bombeiros confirmaron a excarceración do condutor –falecido- e único ocupante do vehículo.