Arde un camión na A6
10:11 30/10/18
10:11 30/10/18
O incendio orixinouse cando o camión estaba á altura de O Furco, en Becerreá
Ás 00:00 horas da pasada madrugada, un camineiro alertaba ao 112 de que lle ardía o camión. Atopábase no kilómetro 456 da A6, dirección Lugo, na altura de O Furco, no concello de Becerreá.
Ainda que a ambulancia do 061 desprazouse, por precaución, ata o lugar dos feitos, non houbo que lamentar danos persoais. Soamente ardeu a cabina, sen que o remolque se vise afectado. Os bombeiros colaboraron co GES de Becerreá na extinción do lume.