miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

CxG pide un estudo do barrio de Fontiñas polos derrubos nestes últimos meses

CxG pide un estudo do barrio de Fontiñas polos derrubos nestes últimos meses
CxG pide un estudo do barrio de Fontiñas polos derrubos nestes últimos meses

Dende Compromiso tamén advirten o mal estado das beirarrúas, con baldosas levantadas polas raíces das árbores e que no ano 2017 ocasionaron varias caídas

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia, pide un estudo técnico para o barrio das Fontiñas ante os derrubos que se levan producindo nos últimos meses. Os galeguistas denuncian ás situacións que se deron nas rúas Moscova, Londres e París. 

Nalgúns destes casos, como o último, chegando a causar danos estruturais nos edificios, ocasionando filtracións nos garaxes e o perigo de desprendementos de pedras de gran tamaño. Tal e como sinala Bascuas, “é inaceptable que pasen meses apuntalados e que continúen sen arranxar”.

Dende Compromiso tamén advirten o mal estado das beirarrúas, con baldosas levantadas polas raíces das árbores e que no ano 2017 ocasionaron varias caídas, con cinco persoas que tiveron que ser atendidas polos servizos sanitarios. 

Segundo Bascuas, “hai que anticiparse aos problemas e, ante a chegada das choivas, cómpre actuar de xeito urxente no barrio para solucionar todas estas carencias que foron aprobadas no pleno municipal por unanimidade”

Comentarios
Lo más