O ciclo de cinema "Voces Rotas" remata coa proxección do filme "Verano 1993"
A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade
Afundación, a Obra Social de ABANCA, finaliza o ciclo de cinema «Voces rotas» na súa sede de Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 19) coa proxección, hoxe martes 30 de outubro, a partir das 20:00 horas, do filme Verano 1993. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade.
Todas as películas que conformaron este ciclo profundan e dan visibilidade a diferentes problemáticas, como o racismo, as guerras e o paro, e temas que afectan á sociedade na actualidade, como a inmigración, a relixión e a adopción.
Verano 1993 (2017), a primeira longametraxe de Carla Simón, conta a historia de Frida, unha nena de seis anos dada en adopción tras a morte da súa nai a causa da sida. Afronta o primeiro verán da súa vida coa súa familia adoptiva, afastada de todo aquilo que coñecía. Nunha nova contorna rural, debe adaptarse á súa nova vida e ás novas persoas que a acompañan.