Reunión entre o Colexio de Avogados de Santiago coa Policía Nacional da cidade
A reunión transcurriu nun ambiente de gran cordialidade entre dous colectivos que manteñen moi boa relación e colaboran de maneira estreita desde hai anos
A xunta de goberno do Colexio de Avogados de Santiago realizou onte unha visita ás instalacións da Policía Nacional, en Rodrigo de Padrón, onde ademáis mantivo unha reunión de traballo cos seus responsables.
No encontro, falouse entre outros temas da necesidade de que os avogados e avogadas da quenda de oficio teñan unha lugar de aparcamento na praza cando deban desprazarse á Policía Nacional para casos de asistencia ao detido. De feito, será así a partir de agora, xa que tanto as forzas de seguridade como o colexio entenden que mellorará e axilizará o traballo.
Por outra parte, como pasou nunha recente reunión coa Policía Local, falouse tamén no encontro de onte da posibilidade de que os avogados teñan un acceso a través de Internet ás copias dos atestados de accidentes de tráfico.
A reunión transcurriu nun ambiente de gran cordialidade entre dous colectivos que manteñen moi boa relación e colaboran de maneira estreita desde hai anos.
“Tal e como pasou no encontro coa Policía Local, a xuntanza coa Policía Nacional foi moi positiva, entre dous entidades que temos o obxectivo común de estar ao servizo da cidadanía”, asegura o decano do Colexio de Avogados de Santiago, Francisco Rabuñal.