Aforo completo no primeiro día do Ciclo de Teatro de Outono de Boqueixón
06:30 30/10/18
06:30 30/10/18
O grupo de teatro de maiores boqueixanés representou a obra Urxencias
Máis de 200 persoas acudiron onte ó Ciclo de Teatro de Outono do Concello de Boqueixón que tivo lugar na Casa da Cultura de Camporrapado. O grupo de teatro de maiores do municipio representou a obra cómica Urxencias coa que levaban máis dun ano traballando. Un total de 25 actores e actrices amateurs participaron no pase que, a través da parodia, recreaba situacións que se viven nunha sala de urxencias dun hospital. O texto está baseado en parte da obra de Suso de Toro Servizo de urxencias.
O Ciclo de Teatro de Outono continuará coas sesións de artes escénicas na Casa da Cultura os domingos de novembro a partires das 18:00 horas. A entrada é de balde.