A alumna de Enfermaría Rebeca Montoiro, premio á mellor comunicación de TFG
09:00 30/10/18
09:00 30/10/18
No Encontro Científico galego de Enfermaría e Fisioterapia
A alumna da Facultade de Enfermaría da USC Rebeca Montoiro Rodríguez foi galardoada co premio á mellor comunicación de Traballo Fin de Grao co traballo ‘Depresión como factor de risco para a Enfermidade de Alzheimer: evidencias e papel de Enfermaría’. O traballo corresponde ao pasado curso académico e foi titorizado por Raquel Rodríguez.
Rebeca Montoiro recibiu o galardón no transcurso do VI Encontro Científico galego de Enfermaría e Fisioterapia celebrado esta pasada fin de semana en Santiago.