miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A parroquia de Cornado recupera a tradición dos rixóns en pota de ferro

A parroquia de Cornado recupera a tradición dos rixóns en pota de ferro
A parroquia de Cornado recupera a tradición dos rixóns en pota de ferro

A parroquia de Cornado, no concello de Touro, celebrará o xoves a I Festa de Rixóns en Pota de Ferro cunha ampla programación de actividades.

O próximo 1 de novembro, os veciños de Cornado, no concello de Touro, celebrarán a I Festa de Rixóns en Pota de Ferro. Este evento, que pretende manter vivas as tradicións populares máis arraigadas da zona, conta cunha programación de actividades para todos os públicos. Haberá un roteiro pola parroquia para os amantes da natureza, un espazo de xogos tradicionais para os máis pequenos e unha mostra de artesanía popular con dous obradoiros de cestería para os que se precisa inscrición previa. Tampouco faltarán a música, de man de artistas galegos, e a comedia, que correrá a cargo dos Curas de Fao. O punto forte da xornada festiva será, como non podía ser doutro xeito, o xantar de manxares a base de rixóns, que estará precedido pola lectura do pregón dos Xenerais do Ulla. 

Comentarios
Lo más