miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O concello de Touro celebra as XIV Xornadas Micolóxicas

O concello de Touro celebra as XIV Xornadas Micolóxicas
O concello de Touro celebra as XIV Xornadas Micolóxicas

Touro acollerá dous roteiros dirixidos por recoñecidos micólogos nos que poderá participar quen o desexe.

A próxima fin de semana, o concello de Touro acollerá as súas tradicionais Xornadas Micolóxicas, dedicadas ao estudo e procura de setas. Nesta décimo cuarta edición, dous recoñecidos micólogos dirixirán roteiros nos que poden participar todas as persoas interesadas, previa inscrición que debe realizarse antes deste venres.

O primeiro roteiro, previsto para o sábado 3 de novembro, será dirixido polo micólogo Jaime Blanco e estará precedido dunha charla-coloquio que dará comezo ás 10h00. Ao finalizar o percorrido, os participantes realizarán unha exposición e catalogación das setas recollidas. Na mañá do domingo 4 de novembro, o roteiro decorrerá a cargo do micólogo da USC Martín Souto, e tamén contará cunha exposición e catalogación final. Ambas camiñadas están previstas para as 11h00 e partirán do Centro de Interpretación Río Ulla, na zona de servizos de Fonte Díaz.

Comentarios
Lo más