miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Case 30 millóns de euros para a posta en marcha do Xacobeo 21

Case 30 millóns de euros para a posta en marcha do Xacobeo 21
Foto de arquivo
Case 30 millóns de euros para a posta en marcha do Xacobeo 21

O conselleiro Román Rodríguez cifra en 141 millóns o orzamento da Consellería para o vindeiro ano

A Consellería de Cultura e Turismo destinará preto de 30 millóns de euros no 2019 para empezar coa posta en marcha do Xacobeo 21. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez compareceu no Parlamento para explicar os orzamentos do vindeiro ano, dos que o departamento que dirixe contará con máis de 141 millóns de euros, o que supón un incremento do 6,2% con respecto ao pasado exercicio. Ademáis, este dato sitúa á Consellería como a segunda con maior orzamento da Xunta.

A Axencia Galega de Turismo contará cun orzamento de 64 millóns de euros para o 2019: ademáis a partida para lanzar as primeiras accións do Xacobeo (7,4 millóns), a Axencia contará con 12 millóns para diferentes actividades relacionadas co mesmo e os Camiños.

Co gallo de seguir impulsando unha política lingüítica que promova o uso da nosa lingua, a Secretaría Xeral de Política Lingüística terá en 2019 8 millóns de euros, un 3% máis respecto ao exercicio anterior.

Por outro lado, a Dirección Xeral de Políticas Culturais sobrepasará os 33 millóns, experimentando un crecemento do 3,4% e aumentará o importe do programa de accións de promoción cultural en case un 20%.

A partida destinada á Fundación Cidade da Cultura será de 9 millósn de euros que permitirá continuar con actividades culturais e reforzar o maior Centro de Emprendemento de Galicia.

Por último, a Axencia Galega de Industrias Culturais disporá de 11,5 millóns de euros o que axudará a apoiar as redes galegas de Teatros e Auditorios e de Músicas ao Vivo. Tamén se manteñen as axudas ó audiovisual e continuarase promocionando a música e a cultura galegas no exterior, e os festivais de música na comunidade.

Comentarios
Lo más