Un obradoiro de fotografía e outro de rodaxe no novo Espazo Xuvenil de Ribeira
Estas accións levaranse a cabo durante o mes de novembro
Durante cada venres e sábado do mes de novembro, en horario de 17:00h a 21:00h, impartirase un obradoiro de iniciación á curtametraxe e outro de fotografía. Os filmes resultantes do primeiro serán presentados na gala Alfombra vermella que terá lugar o venres 30 de novembro ás 20 horas.
A terceira das propostas é unha viaxe de aventura de carácter gratuito aos Canóns do Sil os días 10 e 11 de novembro. Poderán apuntarles rapaces e rapazas de 13 a 17 anos empadroados no Concello de Ribeira e terán preferencia os usuarios do Espazo Xuvenil. A experiencia inclúe aloxamento, vista ao mosteiro de San Pedro de Roca, xincana con GPS, ruta a pé e visita aos Canóns do Sil. Para información e inscripcións está o teléfon 981 835 289 e o correo electrónico xuventude@riveira.com.