miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O BNG rexistra unha iniciativa parlamentaria para reducir o prezo da enerxía eléctrica

O BNG rexistra unha iniciativa parlamentaria para reducir o prezo da enerxía eléctrica
O BNG rexistra unha iniciativa parlamentaria para reducir o prezo da enerxía eléctrica

O BNG presentou esta mañá unha proposición de lei que persegue abaratar o prezo da luz, acabar coa pobreza enerxética e beneficiar a industria galega. 

O grupo parlamentario do Bloque Nacionalista Galego rexistrou no Parlamento de Galicia unha proposición de lei en materia enerxética que pretende abaratar o recibo da luz para persoas e empresas e acabar coa pobreza enerxética. Segundo explicou a voceira do BNG no Parlamento, Ana Pontón, esta proposición nace baixo tres obxectivos: reducir o prezo da factura da luz, impulsar un novo marco na produción eléctrica que compense a Galicia polos custos sociais e ambientais e crear unha tarifa industrial para consolidar o emprego. De sair adiante, a iniciativa serviría para frear o ERE que afecta a ALCOA e evitar o peche da fábrica da Coruña.

Pontón explicou que esta proposta do BNG responde á "estafa colectiva" da factura da luz, pola cal durante a crise económica as eléctricas "gañaron 50 mil millóns de euros". As medidas que propoñen inclúen a creación dunha tarifa eléctrica galega de compensación pola produción de enerxía que, recalcou a voceira nacionalistas, sería totalmente "constitucional e legal". Tamén contemplan a redución do complemento do IVE do 25% ao 4%, co cal se aforrarían "330 euros ao ano", e unha tarifa industrial semellante á aprobada para o País Basco.


Comentarios
Lo más