Ceos anubrados nun día de transición
08:07 29/10/18
08:07 29/10/18
En Compostela acadará unha temperatura mínima de 7ºC e unha máxima de 11ºC
Xornada de transición á espera da chegada dunha nova fronte nas últimas horas do día.
Deste xeito, teremos unha mañá de alternancia de nubes e claros, con algún chuvasco ocasional no leste e no extremo norte; pola tarde aumentarán as nubes e xa nas últimas horas comezarán as chuvias polo oeste de Galicia, estendéndose progresivamente a todo o territorio galego. A cota de neve estará nos 1200 metros.
As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. En Compostela acadará unha temperatura mínima de 7ºC e unha máxima de 11ºC.
O vento soprará frouxo de compoñente oeste, aumentando en intensidade xa pola noite.