miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os pequenos pasarán unha tarde terrorífica co espectáculo Monster Rock

Os pequenos pasarán unha tarde terrorífica co espectáculo Monster Rock
Os pequenos pasarán unha tarde terrorífica co espectáculo Monster Rock

Poderase ver o 1 de novembro no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela a partir das 18:00 horas

Afundación, a Obra Social de ABANCA, acollerá en Santiago de Compostela o espectáculo musical para público familiar Monster rock. Una historia musical terrorífica. Poderase ver o 1 de novembro no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela a partir das 18:00 horas. As entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com.

Monster rock. Una historia musical terrorífica é un espectáculo musical protagonizado polos monstros o Home invisible, o Lobo, Frank, Vampi, o Profesor Hyde, Momi e Ghost quen se terán que enfrontar ao seu medo á escuridade. Para celebrar a festividade de Halloween dun xeito diferente e en familia, os espectadores poderán asistir á función disfrazados.

Comentarios
Lo más