Jamming on Tour llega a Compostela el 3 de noviembre
Tras 15 anos de éxito en Madrid, máis de 3.000 funcións e máis de 1.500.000 de espectadores, a compañía Jamming regresa con Jamming on Tour a Galicia
Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergará en Santiago de Compostela o espectáculo de humor e improvisación Jamming on Tour. Poderase ver o día 3 de novembro, a partir das 20:00 horas, no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela (Preguntoiro, 23). As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.
Tras 15 anos de éxito en Madrid, máis de 3.000 funcións e máis de 1.500.000 de espectadores, a compañía Jamming regresa con Jamming on Tour a Galicia despois de xirar catro anos co seu espectáculo por toda España, parte de Latinoamérica e Europa.
Jamming é un espectáculo de improvisación, cada actuación é única e irrepetible e constrúese totalmente ante os ollos do público. O espectador é parte activa do show. Partindo de títulos escritos polo público, os actores idean e interpretan unha serie de improvisacións.