miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Aberto o prazo de inscrición para o curso de corda infantil da Escola de Altos Estudos Musicais

Aberto o prazo de inscrición para o curso de corda infantil da Escola de Altos Estudos Musicais
Aberto o prazo de inscrición para o curso de corda infantil da Escola de Altos Estudos Musicais

O centro oferta 16 prazas para rapaces e rapazas de entre 5 e 14 anos de idade.

A Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela inaugura unha nova edición do curso de corda para nenos, dirixido a rapaces e rapazas de entre 5 e 14 anos de idade. No marco desta iniciativa, o centro oferta 16 prazas, das cales 12 son para a especialidade de violín e 4 para a de violoncello. As aulas, impartidas por docentes da Escola e integrantes da Real Filharmonía de Galicia, darán comezo en novembro e prolongaranse até maio de 2019.

A solicitude de inscrición deberá presentarse a través da páxina web da Escola antes do 14 de novembro e o acceso ao curso decidirase nunha audición que terá lugar o 20 de novembro na sede da Escola.

Comentarios
Lo más