Atopan o corpo sen vida dunha persoa en Gondomar
19:10 28/10/18
19:10 28/10/18
Desde o 112 Galicia, informouse aos Bombeiros do Baixo Miño, aos membros do GES de Val Miñor e aos profesionais do 061-Urxencia Sanitarias
Un veciño atopou o cadáver dunha persoa aboiando no río Miñor. Eran as 13:20 horas de hoxe cando a persoa se puxo en contacto co 112 Galicia para dar conta da situación e pedir a intervención dos medios de emerxencias para o rescate do corpo.
Así, desde o 112 Galicia, informouse aos Bombeiros do Baixo Miño, aos membros do GES de Val Miñor e aos profesionais do 061-Urxencia Sanitarias.
Tamén avisouse aos axentes da Garda Civil co fin de aclarar as circunstancias do suceso e tratar de identificar á persoa.