Obras na rúa Espírito Santo
06:30 29/10/18
06:30 29/10/18
Corte de tráfico dende hoxe luns 29 de outubro
No día de hoxe comezan as obras de mellora do pavimento da rúa do Espirito Santo. Estímase que a duración total será de dous meses e os traballos implicarán o corte total da circulación na rúa.
Nun principio só os vehículos de carga e descarga e os/as usuarios/as dos garaxes poderán acceder a esta rúa e dende a praza de Ultreia, é dicir, en sentido contario ao habitual. Segundo vaia avanzando na obra, os/as usuarios/as poderán acceder aos vados no sentido normal da ciruculación, dende a rúa Santa Clara.
O Concello de Santiago de Compostela prega á cidadanía despculpen as molestias ocasionadas por estas alteracións no tráfico.